Entrar
Programa LIDER 2016
 
Publicada corrección de erros programa LIDER

Dende a Área de Benestar infórmase:

Unha vez comprobada a documentación adminsitrativa relativa o procedemento de selección de Bolseiros para o Programa de Becas Lider da Deputación de Ourense. Establécese un prazo de ata cinco días hábiles para a corrección das posibles deficiencias materiais que poidera haber.

Como así se recolle na base sétima das bases da convocatoria publicada no BOP Nº 101 de 3 de maio de 2016.

“Unha vez examinada a documentación, a Presidencia poderá conceder un prazo de ata cinco días hábiles para emendar deficiencias materiais na documentación presentada.

 O requirimento para emendar as ditas deficiencias materiais realizarase a través da súa publicación na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: http://portelo.depourense.es e na páxina web http://lider.depourense.es.

Para a achega desta documentación utilízase como oficio de remisión o formulario número 2. Este formulario só se poderá obter, cubrir, validar e transmitir, necesariamente, a través da aplicación informática http://lider.depourense.es   .O procedemento para a presentación deste formulario será o descrito na base quinta para a presentación do formulario de inicio da solicitude”.

 
 
< Anterior   Siguiente >
© 2008-2016 Área de Benestar - Deputación de Ourense